miércoles, 26 de noviembre de 2025

Onte, 25 de novembro, foi o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, e queremos compartir con vós o último dos obradoiros de actividades coeducativas pola Igualdade deste curso, que se realizou o pasado 11 de novembro:

Os nosos nenos de Infantil desfrutaron dunha xornada de concienciación, na que puideron percibir a importancia de traballar entre todos, de ter claro que ninguén vale mais nin menos que outra persoa, e que o mellor que podemos facer é respectarnos e axudarnos entre nós.

Sementando dende ben cedo as leccións mais importantes da vida!


Facede click e mirade cómo traballaron e o ben que o pasaron!!


Axudas dirixidas  a Asociacións de Nais e Pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e subvencionadas pola Secretaría Xeral de de Igualdade da Xunta de Galicia e financiadas polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

FESTA FIN DE CURSO 25/26

O pasado venres despedimos un curso mais coa nosa Festa de Fin de Curso. Larilandia encargouse de facérllelo pasar xenial @s nen@s e o noso...