viernes, 25 de septiembre de 2026

"MÓLLATE POLOS RÍOS" 2026. LIMPEZA DO RÍO MADALENA

 

Un ano máis, en colaboración con ADEGA, queremos participar na Limpeza Simultánea de Ríos, no marco do proxecto "Móllate polos Ríos". Este ano a limpeza terá lugar o vindeiro domingo 4 de outubro, de 10.30 h a 14.00 h.


O pasado ano, grazas á colaboración de máis de 80 entidades, estimamos que se retiraron máis de 10 Tn. de lixo dos ríos galegos. Participaron un total de 1322 voluntarias/os de 59 concellos en toda Galicia.

Dende a ANPA do CEIP Insua Bermúdez, queremos sumarnos a esta bonita iniciativa, como cada ano, e aproveitar para deixar ben limpiño o noso río Madalena.


A actividade levarase a cabo no paseo fluvial do Madalena, en Vilalba. O punto de encontro para organizar a actividade será as 10:30 h na zona do bar Madalena, no exterior.
🟠 Estades todos invitados‼️ Non é preciso ser socio da ANPA.



Se queres anotarte, podes facelo AQUÍ:

A data límite para apuntarse é o venres 2 de outubro.








lunes, 15 de junio de 2026

FESTA FIN DE CURSO 25/26

O pasado venres despedimos un curso mais coa nosa Festa de Fin de Curso.

Larilandia encargouse de facérllelo pasar xenial @s nen@s e o noso comercio local colaboróu con donacións que se sortearon entre os asistentes.
Que ves Óptica e Audición, Librería Andel, Carlin Papelerías, Librería Pergamino e Deportes Airalje, ¡¡moitísimas grazas pola vosa colaboración!!
¡E grazas a tódolos que nos acompañástedes!
¡¡Desexámosvos un moi bo verán e agardamos vernos de novo o curso que ven!!



lunes, 22 de diciembre de 2025

 Como cada ano, non podía faltar a nosa Chocolatada de Nadal.

Pasámolo súper!! E queremos compartir con vos este vídeo de recordo.

¡¡Felices festas a tod@s!!



jueves, 11 de diciembre de 2025

Hoxe compartímosvos outra das actividades de este ano do Programa "Da Escola á Granxa":

O 16 de outubro, as nenas e nenos de Infantil foron de excursión a Agroalimentaria Laurentina e pasaron un día moi granxeiro.




FABRICANDO PASTA DE DENTES!

As nosas nenas e nenos de 3º de Primaria asistiron a un obradoiro no que aprenderon a fabricar pasta de dentes. 

Actividade de Educación Ambiental impartida por ADEGA.








lunes, 8 de diciembre de 2025

HORTA ESCOLAR

Os nosos peques estano a pasar xenial, ademais de aprender un montón de cousas interesantes, co noso proxecto de Horta Escolar!

Estes días, Pablo ensinoulles cómo facer COMPOST, é dicir, cómo transformar a nosa basura orgánica en alimento para as plantas!

miércoles, 26 de noviembre de 2025

Onte, 25 de novembro, foi o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, e queremos compartir con vós o último dos obradoiros de actividades coeducativas pola Igualdade deste curso, que se realizou o pasado 11 de novembro:

Os nosos nenos de Infantil desfrutaron dunha xornada de concienciación, na que puideron percibir a importancia de traballar entre todos, de ter claro que ninguén vale mais nin menos que outra persoa, e que o mellor que podemos facer é respectarnos e axudarnos entre nós.

Sementando dende ben cedo as leccións mais importantes da vida!


Facede click e mirade cómo traballaron e o ben que o pasaron!!


Axudas dirixidas  a Asociacións de Nais e Pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e subvencionadas pola Secretaría Xeral de de Igualdade da Xunta de Galicia e financiadas polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

"MÓLLATE POLOS RÍOS" 2026. LIMPEZA DO RÍO MADALENA

  Un ano máis, en colaboración con ADEGA, queremos participar na Limpeza Simultánea de Ríos , no marco do proxecto "Móllate polos Ríos...