domingo, 4 de octubre de 2020

XIII Limpeza simultánea de ríos

 


Esta mañá puidemos desfrutar da primeira actividade de outono. En colaboración con Adega, quixemos participar na XIII Limpeza simultánea de ríos e escollemos facer unha recollida de lixo na nosa contorna, en concreto, na área recreativa de A Magdalena. 

Parece que a Nai Terra se puxo da nosa parte porque a iso das 11:30 a choiva deu unha trégua e puidemos disfrutar dunha hora de recollida sen apenas mollarnos. Ningún dos presentes pensou que iamos recoller tanto lixo, o que nos fixo concienciarnos, tanto a grandes como a pequenos, da importancia do coidado do medio ambiente e de que ese coidado comeza nos actos cotiás de cada un de nós. 

Nas verbas dun pequeno do grupo "neste rato fixemos algo bo á vez de divertirnos!"

Foi unha fermosa experiencia e quedamos con moitas ganas de que chegue a seguinte actividade!

jueves, 1 de octubre de 2020

Actividades de outono


 

Este outono a ANPA Insua Bermúdez organiza unhas actividades ao aire libre para desfrutar en familia e con familias do noso cole. Estade atentos aos formularios para incribirse nas actividades que se enviarán por whatsap aos socios.

A primeira actividade é este domingo, 4 de outubro, non a perdades!

MÓLLATE POLOS RÍOS

 Aquí estamos un ano máis con esta magnífica iniciativa na que participamos ca colaboración de Adega.  “Móllate polo Rio" será este d...