miércoles, 20 de septiembre de 2023

MÓLLATE POLOS RÍOS

 Aquí estamos un ano máis con esta magnífica iniciativa na que participamos ca colaboración de Adega. 

“Móllate polo Rio" será este domingo 24 setembro de 10.30 h a 14.00 h no paseo fluvial da Madalena en Vilalba.




Recomendacións para a xornada:

 -Uso de luvas, mellor luvas de alta resistencia (fregar) xa que as de vinilo ou látex rompen con facilidade e estamos xerando máis residuos.

-Pau cun pincho na punta para recoller lixo.

-Botas de auga (polo menos algunha persoa con elas).

-Moitas ganas de pasalo ben, convivindo e coidando o noso medio.

 A continuación deixamos o enlace para apuntarse. O venres é o último día para facelo xa que temos que xestionar a actividade.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdcb5UWCMg7RL09Msgt-G0WYncxZUNNhveluWI4RbVmPfAPDg/viewform?usp=pp_url



ACTUALIZACIÓN!!!!

Pasado o día queremos agradecer a tod@s os que este ano vos mollastes polos rios! Aqui deixamos unha instantánea da xornada. Grazas e para o ano a por mais!




viernes, 15 de septiembre de 2023

CONVENIO DE COLABORACIÓN CA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS SETE PONTES

 Este ano, so por ser menbros da ANPA poderedes ter diferentes descontos en tendas da vila, gracias a colaboración da Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba. A continuación poderedes ver os beneficios dos que imos desfrutar...





E non esquezades que logo temos a primeira actividade... ide preparándovos que imos deixar sen refugallos o río nuns días!!!

lunes, 11 de septiembre de 2023

Comezamos un novo curso!!!

 Xa estamos de volta un ano máis! 

Dende a Anpa desexamos moi bo inicio de curso para toda a comunidade educativa. Este ano traemos algunha novidade e continuamos con outras ideas que o noso parecer estan tendo boa acollida.  A continuación ides ver a nosa proposta...

Actividades como xadrez, atletismo, robótica, patinaxe entre outras!!! Tamén traballaremos en diferentes saidas e actividades e en breves vos daremos mais información dos descontos que teredes na vila so por ser socios!!






Non esperedes máis, usa o código QR ou preme nos enlaces e accede directamente!!! 

Faite socio: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScuou3bLdHJI3S-zpgr0sZaCVaG5042lMtdRiQMsL86F-JfGg/closedform

Apúntate as actividades:  https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdNX7r3uQr7sHLT5-kTiAN9sBSvvxzLoAyLYMVLGYtN4y-KGw/closedform

MÓLLATE POLOS RÍOS

 Aquí estamos un ano máis con esta magnífica iniciativa na que participamos ca colaboración de Adega.  “Móllate polo Rio" será este d...