miércoles, 20 de septiembre de 2023

MÓLLATE POLOS RÍOS

 Aquí estamos un ano máis con esta magnífica iniciativa na que participamos ca colaboración de Adega. 

“Móllate polo Rio" será este domingo 24 setembro de 10.30 h a 14.00 h no paseo fluvial da Madalena en Vilalba.




Recomendacións para a xornada:

 -Uso de luvas, mellor luvas de alta resistencia (fregar) xa que as de vinilo ou látex rompen con facilidade e estamos xerando máis residuos.

-Pau cun pincho na punta para recoller lixo.

-Botas de auga (polo menos algunha persoa con elas).

-Moitas ganas de pasalo ben, convivindo e coidando o noso medio.

 A continuación deixamos o enlace para apuntarse. O venres é o último día para facelo xa que temos que xestionar a actividade.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdcb5UWCMg7RL09Msgt-G0WYncxZUNNhveluWI4RbVmPfAPDg/viewform?usp=pp_url



ACTUALIZACIÓN!!!!

Pasado o día queremos agradecer a tod@s os que este ano vos mollastes polos rios! Aqui deixamos unha instantánea da xornada. Grazas e para o ano a por mais!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

"MÓLLATE POLOS RÍOS" 2026. LIMPEZA DO RÍO MADALENA

  Un ano máis, en colaboración con ADEGA, queremos participar na Limpeza Simultánea de Ríos , no marco do proxecto "Móllate polos Ríos...