Un ano máis, en colaboración con ADEGA, queremos participar na Limpeza Simultánea de Ríos, no marco do proxecto "Móllate polos Ríos". Este ano a limpeza terá lugar o vindeiro domingo 4 de outubro, de 10.30 h a 14.00 h.
O pasado ano, grazas á colaboración de máis de 80 entidades, estimamos que se retiraron máis de 10 Tn. de lixo dos ríos galegos. Participaron un total de 1322 voluntarias/os de 59 concellos en toda Galicia.
Dende a ANPA do CEIP Insua Bermúdez, queremos sumarnos a esta bonita iniciativa, como cada ano, e aproveitar para deixar ben limpiño o noso río Madalena.
A actividade levarase a cabo no paseo fluvial do Madalena, en Vilalba. O punto de encontro para organizar a actividade será as 10:30 h na zona do bar Madalena, no exterior.