domingo, 4 de octubre de 2020

XIII Limpeza simultánea de ríos

 


Esta mañá puidemos desfrutar da primeira actividade de outono. En colaboración con Adega, quixemos participar na XIII Limpeza simultánea de ríos e escollemos facer unha recollida de lixo na nosa contorna, en concreto, na área recreativa de A Magdalena. 

Parece que a Nai Terra se puxo da nosa parte porque a iso das 11:30 a choiva deu unha trégua e puidemos disfrutar dunha hora de recollida sen apenas mollarnos. Ningún dos presentes pensou que iamos recoller tanto lixo, o que nos fixo concienciarnos, tanto a grandes como a pequenos, da importancia do coidado do medio ambiente e de que ese coidado comeza nos actos cotiás de cada un de nós. 

Nas verbas dun pequeno do grupo "neste rato fixemos algo bo á vez de divertirnos!"

Foi unha fermosa experiencia e quedamos con moitas ganas de que chegue a seguinte actividade!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PROGRAMA DE IGUALDADE 2025

Os días 8, 9 e 10 de outubro, @s nos@s nen@s de 3º a 6º de primaria asistiron a unhas charlas acerca da importancia do uso responsable de vi...