viernes, 12 de septiembre de 2025

 

Bos días a todos e todas!

 

Onte celebrouse a reunión de inicio de curso da nosa ANPA, e foi todo un éxito pola gran afluencia. Vimos caras novas, que sempre é unha alegría, e tamén outras máis veteranas.

 

Estivemos a presentar e comentar a previsión de actividades e eventos que temos para este ano, que xa puidéstedes ver nos folletos que levaron á casa @s vos@s fill@s, é desfrutamos dunha relaxada charla.

 

O equipo directivo estamos moi contentos de que, ano tras ano, seguimos a unirnos para formar unha familia de familias, que mire polas necesidades de tod@s @s nos@s fill@s.

 

Aproveitamos para compartir dende aquí o noso folleto de inicio de curso, no que podedes ver os principáis eventos previstos polo de agora, e tamén os horarios das nosas actividades extraescolares (aínda pendentes de alcanzar o número mínimo de asistentes para a formación dos grupos).




No hay comentarios:

Publicar un comentario

PROGRAMA DE IGUALDADE 2025

Os días 8, 9 e 10 de outubro, @s nos@s nen@s de 3º a 6º de primaria asistiron a unhas charlas acerca da importancia do uso responsable de vi...