miércoles, 28 de septiembre de 2022

OBRADOIRO MICOLOXÍA

Seguimos cas xornadas para aprender da nosa natureza. E desta volta volvemos a poñer a mirada no chan! 

En colaboración coa SOCIEDADE MICOLÓXICA LUCUS, estudaremos os fungos, as súas características e cómo buscalos. Centrarémonos principalmente nos presentes na zona do río Madalena. Aprenderemos a coidalos e respectalos e dotaremos a os máis pequenos de lupa e guía.

Este sábado 1 de Outubro desenvolverase o obradoiro en dous momentos, unha primeira exposición teórica de 16:00 a 17:00 horas no Centro Cultural e logo unha visita práctica de 17:30 a 18:30 horas na zona da praia do río Madalena. Anímate e ven con nos👇

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSewQFRWHRLPTrb0NBl5YI2yxjZu7r1CkxZXwf3YLfrJWS10gQ/viewform?usp=sf_link





No hay comentarios:

Publicar un comentario

MÓLLATE POLOS RÍOS

 Aquí estamos un ano máis con esta magnífica iniciativa na que participamos ca colaboración de Adega.  “Móllate polo Rio" será este d...