miércoles, 26 de noviembre de 2025

Onte, 25 de novembro, foi o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, e queremos compartir con vós o último dos obradoiros de actividades coeducativas pola Igualdade deste curso, que se realizou o pasado 11 de novembro:

Os nosos nenos de Infantil desfrutaron dunha xornada de concienciación, na que puideron percibir a importancia de traballar entre todos, de ter claro que ninguén vale mais nin menos que outra persoa, e que o mellor que podemos facer é respectarnos e axudarnos entre nós.

Sementando dende ben cedo as leccións mais importantes da vida!


Facede click e mirade cómo traballaron e o ben que o pasaron!!


Axudas dirixidas  a Asociacións de Nais e Pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e subvencionadas pola Secretaría Xeral de de Igualdade da Xunta de Galicia e financiadas polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

lunes, 3 de noviembre de 2025

EXCURSIÓN A "A CASA DA TERRA"

Hoxe, 3 de novembro, Día Internacional das Reservas da Biosfera da Unesco, queremos compartir con tod@s vos a actividade que realizamos o pasado 25 de outubro: unha excursión a A Casa da Terra, en Antas de Ulla, un lugar precioso no medio da natureza, onde @s nos@s nen@s e nós, desfrutamos dun bonito día cheo de actividades moi divertidas.

Moitas grazas a A Casa da Terra por recibirnos e tratarnos tan ben.
Pasamos un día xenial!!

Foi unha actividade subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo, co programa Reserva da Biosfera, Terras do Miño.

#DiaInternacionalRB, #RERB, #terrasdomiño



  Como cada ano, non podía faltar a nosa Chocolatada de Nadal. Pasámolo súper!! E queremos compartir con vos este vídeo de recordo. ¡¡Felice...