Bos días a todos e todas!
Onte celebrouse a reunión de inicio de curso da nosa ANPA, e
foi todo un éxito pola gran afluencia. Vimos caras novas, que sempre é unha
alegría, e tamén outras máis veteranas.
Estivemos a presentar e comentar a previsión de actividades
e eventos que temos para este ano, que xa puidéstedes ver nos folletos que
levaron á casa @s vos@s fill@s, é desfrutamos dunha relaxada charla.
O equipo directivo estamos moi contentos de que, ano tras
ano, seguimos a unirnos para formar unha familia de familias, que mire polas
necesidades de tod@s @s nos@s fill@s.
Aproveitamos para compartir dende aquí o noso folleto de
inicio de curso, no que podedes ver os principáis eventos previstos polo de
agora, e tamén os horarios das nosas actividades extraescolares (aínda pendentes
de alcanzar o número mínimo de asistentes para a formación dos grupos).