Xa estamos aquí un ano mais.
Despois de uns cursos diferentes, raros, e pouco divertidos queremos volver con normalidade e que quede no recordo este etapa.
Como saberedes a ANPA é un medio de conexión entre o centro e as familias. Unha ANPA forte e participativa permite focalizar as necesidades e problemáticas de todos os membros da comunidade educativa. Deste xeito podrán poñerse sobre a mesa, e así tratar de acadar as mellores resposta se resultados. Por iso é necesaria e @s socios son necesarios, asique non o dubides e ÚNETE!!!
Entre outras cousas este ano...
- Tomaremos concienza da nosa natureza con xornada micolóxica, limparemos o río un ano mais, un axente forestal contaranos cousas moi interesantes, e ata faremos cosmética natural e coñeceremos cousas de planta medicinais.
- Contaremos un obradoiro de árbores autóctonas
- As actividades de conciliación e obradoiros en familia seguirán formando parte da nosa proposta este ano.
- Volveremos a ter a ansiada chocolatada!!!
- A festa de fin de curso tamén será unha cita este curso.
- E mais cousas que iremos informando...
Tamén intentaremos facer algo máis fácil a conciliación polo que contaremos con actividades extraescolares e entretemento sempre que haxa demanda suficiente como:
XADREZ: Para maiores de 6 anos. Os luns poderán practicar esta modalidade de 15:30 a 16:30. Mínimo 8 nenos para poder impartila. O custo do mes nesta actividade sería 12€
PATINAXE: Para os que queiran levar o curso sobre rodas terán a oportunidade os martes ou os venres en horario de 15:30 a 16:30. Máximo 10 nenos por quenda. O custo do mes nesta actividade sería 20€
MINDFULNESS: Os mércores dende as 15:30 as 16:30 poderán desfrutar desta nova modalidade. O custo do mes nesta actividade sería 15€
PINTURA: Os maiores de 5 anos que desexen ser grandes artistas do pincel terán os xoves de 15:30 a 16:30 para deixar fluir a súa inspiración. O custo do mes nesta actividade sería 15€
INGLÉS: Porque sabemos que non é das asignaturas favoritas e que se pode aprender de moitas formas traemos unha nova forma de achegarnos co idioma, onde a parte de practicalo mentres tanto desenrolaranse na fala outras actividades, decoracións, teatro... Para iso decidimos que mellor o agrupamento sería por idades e que a actividade durara as duas horas seguidas para o mellor aproveitamento da mesma. Temos 8 plazas máximo por quenda.O custo do mes nesta actividade sería 40€
Así os de 3 a 5 anos (infantil) terian os luns de 15:30 a 17:30.
Os de 6 a 9 anos (1º-2º e 3º de EP) mércores de 15:30 a 17:30.
Os maiores de 10 a 12 anos (4º 5º e 6º de EP) venres de 15:30 a 17:30.
ENTRETEMENTO: Todos os dias de luns a venres de 15:30 a16:30 e de 16:30 a 17:30 contaremos con esta posibilidade de quedar no centro. Para iso poñerse en contacto no número de teléfono da ANPA 605560153. Pregamos que se faga ca maior antelación posible para unha organización de calidade. O custo deste servizo sería 4€/h, superadas 10 horas no mes terase desconto nas seguintes, máis info no teléfono de contacto. Poderán facer uso deste servizo tamén os non socios por un prezo único de 5€/h.
Se xa estás pensando nas actividades que temos por ahora e queres apuntarte para garantir a praza podes premer aqui e cubrir cos voso datos👇
As actividades comezarán o luns 3 de outubro, mentres que o servizo de entretemento (previo contacto no noso número) comezará o luns 12 de setembro.
Sen máis agradecer a todos os membros desta comunidade a sua participación e desexarvos un moi bo curso!!!