Como cada ano, non podía faltar a nosa Chocolatada de Nadal.
Pasámolo súper!! E queremos compartir con vos este vídeo de recordo.¡¡Felices festas a tod@s!!
As nosas nenas e nenos de 3º de Primaria asistiron a un obradoiro no que aprenderon a fabricar pasta de dentes.
Actividade de Educación Ambiental impartida por ADEGA.
Os nosos peques estano a pasar xenial, ademais de aprender un montón de cousas interesantes, co noso proxecto de Horta Escolar!
Estes días, Pablo ensinoulles cómo facer COMPOST, é dicir, cómo transformar a nosa basura orgánica en alimento para as plantas!
Onte, 25 de novembro, foi o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, e queremos compartir con vós o último dos obradoiros de actividades coeducativas pola Igualdade deste curso, que se realizou o pasado 11 de novembro:
Os nosos nenos de Infantil desfrutaron dunha xornada de concienciación, na que puideron percibir a importancia de traballar entre todos, de ter claro que ninguén vale mais nin menos que outra persoa, e que o mellor que podemos facer é respectarnos e axudarnos entre nós.
Sementando dende ben cedo as leccións mais importantes da vida!
Facede click e mirade cómo traballaron e o ben que o pasaron!!
Axudas dirixidas a Asociacións de Nais e Pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e subvencionadas pola Secretaría Xeral de de Igualdade da Xunta de Galicia e financiadas polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.
Como cada ano, non podía faltar a nosa Chocolatada de Nadal. Pasámolo súper!! E queremos compartir con vos este vídeo de recordo. ¡¡Felice...