A nosa ANPA organizou estas actividades coeducativas, que están subvencionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e financiadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
miércoles, 22 de octubre de 2025
PROGRAMA DE IGUALDADE 2025
Os días 8, 9 e 10 de outubro, @s nos@s nen@s de 3º a 6º de primaria asistiron a unhas charlas acerca da importancia do uso responsable de videoxogos e redes sociais.
miércoles, 15 de octubre de 2025
VISITA AO MUSEO DO MEL. 1º DE PRIMARIA
O pasado luns, 6 de outubro, as nenas e nenos de 1º de primaria viaxaron ata Valadouro a visitar o Museo da Mel, onde Marifé lles explicou de mil amores todos os segredos deste alimento tan saudable e tan delicioso.
Foi unha actividade dentro do programa "Da Escola á Granxa" da Deputación de Lugo.
Qué ven o pasaron @s nos@s nen@s!!
jueves, 9 de octubre de 2025
CHARLA ONLINE PARA FAMILIAS: VISEOXOGOS E REDES SOCIAIS
Bo día a todas e todos!
No marco dos Obradoiros de Igualdade subvencionados pola Xunta de Galicia que se están a celebrar estes días no cole, queremos convidarvos a nais e pais a unha charla para familias que terá lugar o día 15 de outubro ás 19:00 h, vía Google meet.
Esta charla aborda un tema que pensamos será de gran interés para moitas familias: os Videoxogos e as Redes Sociais.
Só tedes que pulsar no seguinte enlace, no día e a hora marcados e entraredes na reunión online.
Animádevos!! É un tema de suma importancia para nós e @s nos@s fill@s.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
PROGRAMA DE IGUALDADE 2025
Os días 8, 9 e 10 de outubro, @s nos@s nen@s de 3º a 6º de primaria asistiron a unhas charlas acerca da importancia do uso responsable de vi...
-
Seica esta mañá, a "clínica veterinaria do Insua Bermúdez" estivo a tope de atarefada! No desfile de Entroido dos coles, non falto...
-
Xa temos unha previsión das actividades extraescolares que posiblemente ofertaremos para o próximo curso 25/26. Como veredes, hai algunha no...
-
Os días 3 e 19 de febreiro tocoulles aos mais pequenos desfrutar dun taller de papel reciclado, organizado pola ANPA. Moitísimas grazas ...
