Informámosvos de que este Sábado día 12 de Novembro levaremos a cabo outra das actividades englobadas dentro do noso proxecto "Natureza" 🌍. Esta vez recibiremos a visita dun axente forestal que nos relatará de primeira man o interesante traballo que realiza no seu día a día para manter os nosos bosques a salvo 🌳🌳.
Esta actividade terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba de 11:00 a 12:00 h e a continuación baixaremos á zona da Madalena, onde nos fará algunha que outra demostración coa motobomba 🚒.
Animádevos a participar. ESPERÁMOSVOS!!!