domingo, 20 de septiembre de 2020

Reunión inicial da ANPA Insua Bermúdez

 


O vindeiro xoves 24 de setembro ás 20:00 h teremos unha reunión inicial da ANPA na que a orde do día será:

  • PUNTO 1: Benvida
  • PUNTO 2: Presentación da nova directiva
  • PUNTO 3: Estado de contas
  • PUNTO 4: Obxectivos da ANPA para o curso 20/21
  • PUNTO 5: Actividades e excursións familiares
  • PUNTO 6: Posibilidade de extraescolares
  • PUNTO 7: Rogos e preguntas
Hoxe é o último día para anotarse. Aquí vos deixamos o enlace para facelo e en función da participación, comunicarásevos onde se levará a cabo.


sábado, 12 de septiembre de 2020

Faite socio da ANPA Insua Bermúdez!

 



Un ano máis, ábrese o prazo de inscrición para facerse socio da ANPA. 

O pasado venres os/as nosos/as fillos/as levaron a casa un tríptico informativo explicando que é un ANPA e porqué é necesaria, os obxectivos deste curso e as iniciativas que se propoñen desde a ANPA Insua Bermúdez, ademáis dos pasos a seguir para facerse socio/a da asociación xunto coa data da primeira reunión.

Un ANPA forte é un colexio forte, este ano, se cadra, máis que nunca, animámoste a facerte socio/a.

martes, 8 de septiembre de 2020

Directiva ANPA Curso 2020 - 2021

Esta é a nova directiva da ANPA Insua Bermúdez neste curso 2020-2021.


De esquerda a dereita:

Marianna Fato: Presidenta
Paula Prado Gesto: Vicesecretaria
Marta Vázquez Otero: Vogal
María Carballeira Rodríguez: Secretaria
María José Carreira Piñeiro: Tesoureira
Miguel Ángel Pérez Barro: Vicepresidente
Alejandro Currás Rivas: Vogal

Falta ratificar nunha reunión presencial cos socios a aprobación desta directiva, pero estes foron informados da nova formación e da urxencia na súa constitución pois hai moito traballo por diante neste curso tan atípico. 


PROGRAMA DE IGUALDADE 2025

Os días 8, 9 e 10 de outubro, @s nos@s nen@s de 3º a 6º de primaria asistiron a unhas charlas acerca da importancia do uso responsable de vi...